miércoles, 27 de abril de 2011

Webquest

Unha viaxe no tempo

Autor: Milagros Álvaro López
E-mail: malvaro@edu.xunta.es
Área: Ciencias Sociais
Nivel: 2º da ESO


INTRODUCIÓN O traballo está pensado para alumnos de 2º da ESO e concíbese como unha actividade de globalización a realizar ao rematar o apartado dos descubrimentos xeográficos e as súas consecuencias.

Uns dos obxectivos a perseguir é o da empatía: moitas veces ao alumnado cústalle moito recrear situacións pasadas. Por iso, e para evitar que os descubrimentos e a súa importancia acaben sendo para eles unha serie de nomes e datas, pensouse este pequeno traballo cos recursos da rede.

O traballo pode realizarse de forma individual, pero está pensado para grupos de dous o tres alumnos/as de xeito que aprendan a realizar traballos colectivos e a compartir as informacións achegadas por cada un deles.
TAREFA TAREFA

Cada grupo debe imaxinar que é algún dos seguintes personaxes:

1.-Un comerciante veneciano

2.- Un xudeu de Lubeck

3.- Un cartógrafo portugués

4.- Un nobre galego segundón

5.- Un soldado catalán

6.- Un campesiño extremeño

7.- Un cronista real

8.-Un científico ou naturista do XVIII

10.- Un monxe dominico español

9.- Un hugonote (protestante frances) perseguido< br>
PROCESO PROCESO

Unha vez elixido o personaxe, o traballo consiste en buscar información sobre a situación deste personaxe e sobre a viaxe que vai realizar. A información redactarase como se fose unha crónica ou "diario de viaxe" no que terán que especificar:

A situación na que vive o seu personaxe, así como as rA época/século/ano no que se realiza a viaxe. Razóns que o empurran a embarcarse cara ás novas terras.

Destino da viaxe e rumbo do barco(se é unha viaxe de exploración de lugares descoñecidos). Elixirán se van nunha expedición organizada por outro, mesmo nunha dos grandes descubridores (nese caso terán que elixir con quen e reconstruír a viaxe), ou ben se a viaxe é por conta propia.

Explicitar todo o relativo á tripulación, avituallamento, tipo de transporte, lugar da saída, finaciación, problemas durante a viaxe, consecución dos obxectivos, impresión das novas terras, tipo de xentes e costume coas que se atopan, tipo de clima, localización xeográfica das etapas da viaxe...

Todo isto pode ir acompañado de ilustracións, mapas, debuxos.....
RECURSOS RECURSOS


Nas seguintes páxinas podes atopar información que le axude no teu labor
Esta web fai un bo repaso dos descubrimentos hispanos e portugueses con boa cantidade de imaxes e mapas. - http://www.icarito.cl/icarito/especiales/especial/0,0,38035857__113,00.html
Listaxe de exploracións e viaxes.Glosario de termos. Imaxes - www.mgar.net/exp/mexp.htm
Comercio medieval das especias e da ruta da seda. - http://club.telepolis.com/mgarciasa/var/especias.htm
BiografÍas e viaxes dos grandes navegantes que traballaron para as monarquÍas hispano-portuguesas durante os séculos XV e XVI. - http://www.puc.cl/sw_educ/historia/conquista/parte2/html/index.html
Aquí encontraredes información sobre os barcos dos descubrimentos - www.armada15001900.net/navegantes_y_descubridores.htm
Aquí encontraredes información sobre os barcos dos descubrimentos - www.americas-fr.com/es/historia/descubridores.html
Aquí encontraredes información sobre os barcos dos descubrimentos - www.candamo.iespana.es/naval/veleros/colon.htm
MAPAS - http://maps.google.es
MAPAS - www.geocities.com/profesores_historia/hc1.htm
MAPAS - www.pais-global.com.ar/mapas/mapa33y34.htm
Avituallamento - www.armada15001900.net/galeonconstruccion/avituallamiento.htm
sobre as naos - www.elhistoriador.es/imperioespgaleon.htm
EVALUACIÓN AVALIACION

ÉXPRESIÓN CORRECTA 25%

OS RECURSOS EMPREGADOS 25%

O TRABALLO DE CADA MEMBRO DO GRUPO 25%

A BOA EXPOSICIÓN DO GRUPO E A MEDICIÓN DOS TEMPOS NO TRABALLO NA AULA 25%
CONCLUSIÓN CONCLUSION

Recollida a información e como colofón final, é conveniente facer unha reflexión sobre todos aqueles aspectos das viaxes dos descubridores dos que non vos decatastes e que agora tedes presentes cando falades dos grandes descubrimentos xeográficos, as dificultades reais das viaxes, as condicións tan precarias nas que navegaron, e os motivos que levaron a moitos deses homes a enrolarse nas naos para ir cara ao descoñecido.
CRÉDITOS webquest.sdsu.edu/">http://webquest.sdsu.edu/
-Aula Tecnológica Siglo XXI: www.aula21.net
-Páginas dispersas: fresno.cnice.mecd.es/~avaler3

Imprimir - Arriba

(Página creada con 1,2,3 Tu WebQuest - http://www.aula21.net/)

No hay comentarios:

Publicar un comentario